Español
Entrada a Naronmail
 
Rutas Turísticas
 
Festas
 
Lugares de Interese
 
Aloxamentos
 
Restaurantes
 
Entretemento
 
Centros Comerciais
 
Pazo da cultura
 
Corredoira Verde
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Patrimonio Arquitectónico
 

Resumo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón

Bens e edificacións obxecto de protección.

No catálogo de bens e edificacións obxecto de protección que acompaña ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón recóllense todas aquelas edificacións ou elementos con valor de permanencia situadas no eido territorial do concello segundo a subdivisión parroquial do mesmo, actualizado e revisado no correspondente catálogo do planeamento anteriormente vixente.

O patrimonio arquitectónico de Narón é especialmente significativo no medio rural, cun gran número de edificacións características da arquitectura popular.

O catálogo de bens e edificacións establece una relación de edificios, construcións ou elementos illados de interese, ben sexan obras de arquitectura ou enxeñería, así coma xardíns ou espazos non edificados caracterizados pola súa vexetación e valores ambientais que reúnen pola súa singularidade e interese histórico, arquitectónico ou etnográfico, un nivel cualitativo suficiente para acreditar o seu mantemento, conservación e protección patrimonial.

Conforme esta valoración e analizadas as súas calidades a nivel global, as edificacións ou conxuntos clasifícanse segundo tres niveis de protección aos que se lles asocian limitacións restritivas no tocante aos tipos de obras permitidos acorde coa importancia do seu grao de catalogación.

  • NIVEL I: Protección Integral.
  • NIVEL II: Protección Estrutural.
  • NIVEL III: Protección Ambiental.

Definición e catalogación de bens e edificacións obxecto de protección.

Constitúen bens de interese, suxeitos a protección urbanística de acordo coas determinacións da presente normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón, os seguintes:

  1. Todos os bens que se indican na relación que se adxunta a esta ordenanza.
  2. Todos os hórreos e cabazos de máis de 100 anos, conforme ao Decreto 444/1973, do 22 de febreiro.
  3. Todos os escudos, embalses, pedras heráldicas, selos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de máis de 100 años, conforme ao Decreto 57111.963, do 24 de marzo.
  4. Calquera outro elemento que por aplicación da lexislación vixente e a iniciativa da Dirección Xeral de Patrimonio ou outros organismos se determine.

Volver

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Septembro 2010 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

   
 
Concello de Narón - Aviso legal